O Concello de Muras celebra o Nadal cun obradoiro e a Festa de Reis

O Concello de Muras organiza unha serie de actividades para este Nadal dirixidas principalmente aos máis pequenos. Así, haberá un campamento para os máis cativos os días 22, 27 e 28 de decembro e 2, 3 e 4 de xaneiro a partir do día 10 a 13:15 horas no local social de Muras. Este campamento ten 25 prazas e para participar hai que inscribirse no Concello. Esta é unha actividade co que se pretende axudar a conciliar a vida laboral dos pais coa época de vacacións dos máis pequenos e, ao mesmo tempo, darlles unha ocupación atractiva e formativa para estes días.

Tamén o día 5 pola mañá será a Festa de Reis, que comezará con obradoiros, inchables e moitos xogos, e despois máis tarde haberá unha merenda no local social. Despois chegará a visita do carteiro real e dos paxes, os cales recibiran todas as cartas dos nenos cos seus desexos e agasallos para este ano. Para que despois chegue o momento da Cabalgata de Reis polas rúas da vila.

Etiquetas