Skip to main content
Actualidade

Un cento de veciños de Duarría benefícianse das melloras na Pista da Rega

Por 23 Decembro, 2018Sin comentarios

O voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, supervisou o resultado dos traballos de mellora que financiou a Deputación nunha vía municipal na parroquia de Duarría, en Castro de Rei, e da que se benefician directamente máis dun cento de veciños. Así o avanzou Santos Ramos nun encontro con veciños da zona no que explicou que esta é ademais a vía principal que conecta o eixo Outeiro de Rei, Castro de Rei e Rozas.

Santos Ramos explicou que “concretamente, esta é a vía municipal que conecta a estrada principal de Castro de Rei, que vai dende Rozas a Abadín, coa estrada que vén de Outeiro de Rei a Lugo, conectando tamén coa nacional que vai á capitalidade da provincia. Ademais, tamén é un nexo de comunicación fundamental para veciños de ducias de núcleos rurais da zona, que a empregan para achegarse ao centro urbano. Son pequenas actuacións que teñen un grande beneficio para a cidadanía”.  

“Dende o Goberno continuamos colaborando cos Concellos da nosa provincia para rehabilitar servizos municipais no rural vías, accesos públicos, redes de abastecemento, sistemas de iluminación públicas, dentro da nosa firme aposta por mellorar os servizos que ofrecemos aos veciños”, destacou

Os traballos executados nesta vía consistiron na limpeza de cunetas, mellora do firme con aglomerado en quente e incremento da seguridade vial coa renovación da sinalización horizontal e vertical. As obras esténdense desde o punto quilométrico 0,0 ata o punto quilométrico 2,1.