O PSOE de Cospeito reitera o mal estado dos parques infantís

O PSOE de Muimenta, que encabeza Rosa Morán, denunciou novamente ante o Concello o estado de total abandono no que se atopan os parques infantís de Muimenta e Feira do Monte, con tablas rotas, cadeas de randeeiras oxidadas e apunto de romper, puntas perigosas que se saen do seu sitio, etc. Ademais, están todos os xogos  sucios e perigosos para os nenos que acuden con frecuencia, pero que ultimamente non poden usalos por medo a mancarse.

Non é a primeira vez que esta concelleira fala da situación dos parques infantís. No mes de maio xa presentou a protesta correspondente no concello pero o estado dos parques segue a empeorar “pola falta de cuidado e mantemento”.

Etiquetas