Riotorto contará cun baile de fin de ano

O Concello de Riotorto celebrará un baile de fin de ano a partir das 0.30 horas con entrada de balde e servizo de bar que terá lugar no centro sociocultural Avelino Díaz.

A velada estará amenizada polo dúo Calú e contará con chocolatada gratis para todos os asistentes. Colaboran na organización deste evento as asociacións veciñais e cutlurais do concello.

Etiquetas