Skip to main content
ActualidadeCospeito

Continúa en Cospeito o ciclo de cine clásico do Nadal

Por 28 Decembro, 2018Sin comentarios

Coincidindo coa programación de Nadal, en Feira do Monte e Cospeito haberá diferentes sesións de cine.

Continuará a programación o venres 28 co Bazar das sorpresas de Ernst Lubitsch de 1944 ás 19:00 na Casa da Cultura de Muimenta. A seguinte proxección será o 2 de xaneiro con Plácido de José Luis García Berlanga ás 19:00 na Casa da Cultura de Muimenta. O día 3 de xaneiro chegará a na Casa da Cultura de Feira do Monte a película De ilusión tamén se vive de George Seaton de 1947, e por último Canción de Nadal de Brian Desmond Hurst de 1951 na Casa da Cultura de Muimenta que se proxectará o día 4.