O Concello da Pastoriza mellora o saneamento do polígono

O Concello da Pastoriza fai melloras no saneamento do polígono, para separar a rede de recollida de auga pluvial das fecais no polígono industrial. Esta obra de mellora do saneamento ten un orzamento de 133.552,65 euros e está subvencionada case na súa totalidade pola Concellería de Industria e o restante polo propio concello.

“Esta obra era moi necesaria, xa que toda a morralla era arrastrada á depuradora o que supoñía avarías. Ademais de que con esta actuación liberarase a depuradora de procesar case 35.000 metros cúbicos de auga”, suliñou a tenente de alcalde da Pastoriza Elva Carrera.

A antiga rede aínda se mantén en funcionamento para as augas residuais, conectada á depuradora, mentras estanse construíndo novas canalizacións que levan a auga a un depósito novo duns 100 metros cúbicos. Así esta auga poderase aproveitar para outros usos tales como as motobombas, regar xardíns ou limpezas viairas.

 

Etiquetas