Cospeito continúa esta semana co seu programa de Nadal

O Concello de Cospeito deseñou unha ducia de actividades para celebrar este Nadal. Os actos comezaron coa visita de Papá Noel a vila, para despois o día 26 continuar cun cinema clásico, e o 27 co día adicado a maxia.

O 28 tamén haberá sesión de cinema clásico na Casa da Cultura de Muimenta ás 19:00, para continuar ao día seguinte cun festival de panxoliñas na Casa da Cultura de Feira do Monte ás 21:00 horas.

O día 30 de decembro na Casa da Cultura de Feira do Monte será a ocasión do bingo de Nadal, ás 18:00 horas.

Xa en xaneiro o día 2 voltará o cine clásico ás 19:00 na Casa da Cultura de Feira do Monte, o día 3 será a quenda do teatro con Palimoco Teatro e a súa obra Queres que cho conte? ás 16:30 na Casa da Cultura de Feira do Monte, e ás 18:00 voltará o cinema clásico.

Por último chegará o días máis esperado, o día da Cabalgata de Reis polas rúas das vilas, chegando ás 17:00 ao pavillón da Feira do Monte e a Casa da Cultura de Muimenta.

Haberá agasallos para os máis cativos, inchables, un nacemento vivinte e moitas máis sorpresas, ademais de que os Reis Magos visitarán o centro de día da vila.

Etiquetas