Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

Guitiriz celebra unha nova campaña para a promoción do comercio local este nadal

Por 29 Decembro, 2018Sin comentarios

O Concello de Guitiriz e os comercios e empresas do municipio puxeron en marcha este ano, tal e como fixeron nos anteriores, a Campaña de Promoción de Comercio Local Mercar no teu concello ten premio , consistente nun sorteo de cinco cheques regalo  de 100 euros  que se fará o día da Cabalgata de Reis.

As empresas que participan son de distintos sectores, como alimentación, textil, peluquerías, etc e repartirán entre os seus clientes rifas para optar ao sorteo dos cheques regalo.