A Praza Maior de Meira conta cun novedoso paso de peóns

A Praza Maior de Meira conta cun novedoso paso de peóns pintado tridimensional co que se pretende gañar en seguridade. A empresa guitiricense que foi a encargada de realizalo,  Dissolquin, pintou tamén o resto da praza e outras vías do casco urbán

Fixeron esta primeira proba na Praza Maior e ten moita visibilidade en especial de noite porque reflicte a luz. É un dos primeiros pasos tridimensionais da provincia.

O alcalde explicou que esta última actuación comprende unha máis ampla. Así, na Praza Maior procedeuse a pintar as prazas de aparcamento -dúas para persoas con discapacidade- para vehículos, motos e bicicletas.

Tamén se cambiaron todos as sinais informativas, mercáronse contenedores novos e instaláronse unhas 60 suxecións de aceiro inoxidable e outras cinco de madeira. Ademais repintaronse unhas 160 farolas,  e cambiáronse as bombillas por outras led.

Etiquetas