Os Reis Magos visitan Vilalba cun amplo programa

O sábado 5 de xaneiro os nenos vilalbeses poderán desfrutar da tan esperada visita dos Reis Magos de Oriente. As súas maxestades visitarán ás 17.30h a Residencia de Maiores de Vilalba, e posteriormente, ás 18.00h farán o seu tradicional percorrido pola vila, dirixíndose a carpa da praza da Constitución para agasallar a tódolos nenos.

Contarán co acompañamento da Banda de Cornetas e Tambores de Burela, coa Charanga de Vilalba, coa Banda de Gaitas Mato Vizoso, Buxos Verdes, Entre Lusco e Fusco, as Pandereteiras de Andrade e ademais haberá animación con personaxes Disney.

Etiquetas