Muras amplía o servizo de TDT

Segundo anunciou o Concello de Muras, xa están en funcionamento cinco canais máis de Televisión Dixital Terretre (TDT) que antes no se vían. Segundo explican, trátase dunha petición veciñal que tardou tres anos en levarse a cabo e que finalmente puido conseguirse xusto antes de Nadal.

Os novos canais dispoñibles son Teledeporte, DKISS, TEN Televisión, TeledeporteHD e Clan TV HD.

Etiquetas