Cruz Vermella Vilalba recaudou uns 2.000 euros para 114 nenos da comarca

Durante o mes de decembro de 2018, puxéronse en marcha diversas iniciativas solidarias co fin de recaudar fondos destinados á compra de xoguetes novos para os nenos beneficiarios da Campaña Juguetes de Cruz Vermella Vilalba. Nenos que pertencen a cinco concellos da comarca da Terra Chá: Abadín, Cospeito, Castro de Rei, Xermade e Vilalba.
Desde Cruz Vermella Vilalba organizáronse dúas actividades, mentres que as outras tres foron postas en marcha por organizadores alleos á nosa organización que se propuxeron colaborar coa causa.

O día 1 de decembro, Cruz Vermella Vilalba arrincaba coa súa tradicional campaña de Loita Contra a SIDA e outras ETS, na que se recaudaron un total de 1.365 euros, entre un total de 48 establecementos colaboradores de Vilalba.
O día 15, Moisés Martínez do local 80/20 Cocktail Bar organizou un evento de Coctelería Solidaria, onde os beneficios recaudados ascenderon a 170 euros.

O día 16 Cruz Vermella Vilalba organizou a II Andaina Solidaria, onde as inscripciones foron gratuitas e a través da cal lográronse recaudar 270 euros.

O día 21 de decembro, Culturalia GZ, promovido por Martiño Maseda, organizou o V Recital Poético Solidario Internacional na Casa da Cultura de Vilalba, que recaudou 215 euros.

O 22 de decembro, a directiva e o corpo técnico do Vilasuso Peugeot Futbol Sala Vilalba, fixo un encontro de futbol sala celebrado no que os asistentes deberían levar xoguetes novos, libros de lectura infantil e doces navideños para entregar ás familias beneficiarias da campaña de Nadal de Cruz Vermella. Ademais colocouse á súa vez unha urna e foron recaudados 13 euros destinados á campaña.

Tamén por terceiro ano consecutivo, a Union Deportiva Pastoricense, realizo unha donación de mochilas, reloxos deportivos e balóns.

Todo o recaudado nestes eventos logra chegar a unha cifra total de 2.033 euros, dos que se beneficiasen un total de 114 nenos da comarca. Desde Cruz Vermella Vilalba queren dar o seu agradecimento a todos aqueles que se esforzaron e que aportaron o seu gran de area.

Etiquetas