Rábade e o polígono de Begonte estrean fibra simétrica

O municipio de Rábade e o Polígono de Begonte contan xa con fibra simétrica de 300 MB de Oceans para navegar a toda velocidade. Así, os 1500 habitantes de Rábade e as diversas empresas instaladas nos 74.000 metros cadrados do Polígono Industrial de Begonte, poderán utilizar unha conexión a Internet moito máis rápida e fiable.

O novo servizo de fibra presenta a mesma velocidade de subida que de baixada, o que facilita tanto o envío como a descarga de datos desde a rede.

Rábade e o Polígono de Begonte súmanse deste xeito á lista de localidades que xa contan coa fibra simétrica de Oceans como Guitiriz.

O servizo de fibra simétrica de 300MB inclúe un fixo e mil minutos en chamadas, ademais de brindar a posibilidade de agregar ao paquete de fibra unha liña móvil con chamadas limitadas e diversos GB dependendo das necesidades dos usuarios, podendo escoller
entre unha tarifa de 2GB, 6GB ou 16GB.

Por si isto fose pouco, a instalación da fibra, realizada por técnicos especializados, é totalmente gratuita.

Etiquetas