Castro celebrará a segunda edición da carreira popular o domingo

O Concello de Castro de Rei acollerá a segunda edición da Carreira Popular, unha proba deportiva que o vindeiro domingo 13 de xaneiro desenvolverase con saída na Casa do Concello e meta no núcleo poboacional de Castro Riberas de Lea.

A proba estará aberta a todolos atletas, federados ou non, sen distinción de sexo ou nacionalidade e o prazo para anotarse remata o xoves 10 de xaneiro ás 23:59 horas.

A organización poñerá a disposición dos participantes na proba un servicio de autobuses para trasladar os deportistas dende a zona de meta á saída. O servicio de autobuses comezará ás 09.50h, sendo o último servizo ás 10.20h. Prégase a todos os participantes que non esperen ao último servizo posto que poderán ir abrigados e despois deixar a roupa no servizo de roupeiro.

Haberá catro categorías. A absoluta, ás 10.45 horas, constará de 16 quilómetros. Os rapaces entre 18-12 anos percorrerán 2 quilómetros a partir das 12.40. Cinco minutos antes correrán de promoción (0,4 quilómetros) e os primeiros serán os pitufos, con 0,15 quilómetros de percorrido, que sairán ás 12.30 horas.

Esta segunda edición repartirá os seguintes premios:

    • Trofeo os tres primeiros clasificados masculinos e femininos da carreira absoluta.
    • Trofeo os tres primeiros clasificados de cada categoria tanto masculinos como femininos.
    • Na categoría de PITUFOS daráse medalla a todos os participantes. Non haberá trofeos para esta categoría nin se farán clasificacións.
    • Na categoría de PROMOCIÓN daráse medalla a todos os participantes, así como trofeo ós tres primeiros clasificados tanto masculinos como femininos

A entrega de premios será na zona de meta, no caso que a climatoloxía o impida farase no pavillón municipal e comezará, aproximadamente, ás 13.00h.

A organización ten previsto para os partipantes aparcadoiro gratuíto (ata ocupación das prazas existentes), aseos na zona de saída-chegada, roupeiro onde os participantes poderán deixar na saída a roupa nunha bolsa cunha identificación, e un vehículo a transportará ata a liña de meta. Tamén haberá vestiarios e duchas no pavillón municipal, a escasos 300m da liña de meta, vituallamento ao final de cada carreira e avituallamento líquido no km 5, 9 e 12 para a carreira de adultos. Asimesmo disporán de zona de lecer para os nenos, delimitada, con monitores e hinchables, para que os pais podan desfrutar da súa carreira e servizo de ambulancia.

Etiquetas