Galicia ocupa o liderado na produción cárnica de España

Galicia ocupa unha posición de liderado dentro de España no que atinxe á produción de carne nos sectores porcino e avícola. É líder indiscutible no eido porcino, xa que reúne, con 28.000 granxas, o 32% do total de explotacións de porcos de España, cunha cabana que supera o millón de cabezas. Ademais, Galicia é a segunda autonomía, tras Cataluña, en número de explotacións avícolas, xa que dispoñemos de 860 granxas, que representan algo máis do 15% do total das existentes en España. A produción galega neste sector acada case as 200.000 toneladas anuais de carne, un 13% do total nacional.

Este sector esta a recibir axudas para plans de mellora e para a incorporación de persoas mozas. Unha boa aposta de cara a mellorar na competitividade das explotacións e crear emprego no rural, co fin de fomentar a actividade económica rendible no rural.

Destinaronse 57,2 millóns de euros no 2017 nas axudas de incorporación de mozos, plans de mellora e pequenas explotacións, con máis de 1.300 beneficiarios en total. Desta cantidade, case 15 millóns foron destinados ao apoio á incorporación de mozos ao rural.

Galicia conta cunha cabana gandeira distinguida e apreciada polo resultado dunha alimentación de calidade, das melloras en materia xenética, da potenciación das razas autóctonas e da aplicación dos protocolos de sanidade animal existentes. No 2018 investironse máis de 30 millóns de euros para a posta en marcha de case 100 proxectos. Deles, máis de 4,5 millóns foron para o sector cárnico.

Etiquetas