Skip to main content
ActualidadeRiotorto

Vendida a aldea de Riotorto que Gwyneth Paltrow recomendou como agasallo

Por 13 Xaneiro, 2019Sin comentarios

Unha parella holandesa mercou a aldea de Riotorto que Gwyneth Paltrow recomendou como agasallo na súa páxina web Goop. Trátase dun matrimonio que rolda os 60 anos e que está en idade de xubilación, e ademais xa visitaran esta zona noutras ocasións, o que facilitou a compra do pobo.

Desde que se publicou o anuncio correu como a pólvora polas redes sociais. Así, a inmobiliaria encargada de vender a propiedade recibiu un montón de chamadas que, finalmente, remataron na exitosa compra. Descoñécese a intención do matrimonio, pero presuponse que a súa intención é rehabilitar a aldea, para eles poder vivir na casa principal, e alugar ou hospedar a outros holandeses, ben sexan amigos ou familiares.

A propiedade atópase na comarca lucense de Riotorto, e como indica o propio anuncio, non lonxe da costa de Lugo. O conxunto compóñeno unha casa principal con 360 metros cadrados, un alpendre, un forno, dous edificios secundarios para vivenda que precisan de reforma, un hórreo, unha bodega e varios locais en distinto estado de conservación. Todo está situado nunha parcela de 13.000 metros cadrados con opción a adquirir outra tres veces maior, e todo isto por un prezo de case 150.000 euros

Cando a actriz publicou a súa recomendación fíxoo a través dunha web española especializada neste tipo de propiedades, Aldeasabandonadas.com. Os seus responsables foron os primeiros sorprendidos e según indican “ninguén de Goop contactou connosco”, recoñeceu Elvira Fafián, portavoz da inmobiliaria, “pero encantounos esta sorpresa”. Tamén indicou que o mercado das aldeas abandoadas con opción a rehabilitación, o regreso a un mundo rural 2.0, está de moda. “Os propietarios orixinais emigraron cando o seu fillo era un cativo, e agora ten 55 anos” engade Elvira.

Esta web de Aldeasabandonadas.com emitiu varios reportaxes nos Países Baixos sobre este tipo de propiedades. O cal permite que haxa moitos compradores estranxeiros interesados neste tipo de inmobles. De aí o elevado número de fincas con estas características que se venden en Galicia e que van desde aldeas que levan décadas sen estar habitadas ata auténticos pazos con escudo ou mosteiros abandonados, por menos de 200.000 euros. Na maioría dos casos son necesarias obras de restauración que devolvan a estes inmobles ao esplendor do que gozaron anos atrás, pero o resultado adoita ser maravilloso. A maioría dos compradores seducidos por estas propiedades son estranxeiros que se namoran da paisaxe e a contorna, xa que para eles Galicia é un paraíso.