Begonte aproba un orzamento para 2019 de 3,1 millóns de euros

O Concello de Begonte deu luz verde aos seus orzamentos para 2019 que ascenden a 3.143.000 euros, dos que 555.000 pertencen a capítulos de investimentos.

Así, dentro do plan económico municipal figuran os 98.000 euros que se destinarán á construción de locais sociais en Baamonde e San Vicente da Pena. Ademais, 80.000 euros irán para continuar co proxecto de rehabilitación da antiga cámara agraria. Así mesmo, está prevista a mellora do campo anexo ao santuario dos Milagres de Saavedra e dos accesos ao campo da festa de Santalla de Pena. Para estes traballos está previto un capítulo de 50.000 euros para cada unha.

O asfaltado en quente das vías municipais é outra das propostas para este ano. Destinarán a este capítulo un total de 300.000 euros ao marxe do que a Deputación aporte dentro do Plan Único.

No desglose o alcalde explica que a partida de persoal supón o 25% do orzemntos, o 53% vai para servizos públicos e política social ademais dunha partida que se incrementará para dotar ás parroquias de alumbrado led.

 

 

Etiquetas