O Concello de Rábade pon en marcha un canle de comunicación cos veciños a través de whatsapp

O Concello de Rábade vén de poñer en marcha un servizo gratuíto de participación cidadana co Concello a través de whatsapp. Un número de teléfono móbil para suxestións, incidencias ou opinións dos veciños.

Así, a maiores dos tradicionais métodos que ata o de agora había, poñen en marcha este sistema para que calquera veciño poida facer chegar de xeito inmediato calquera incidencia para poder ser atendida coa maior premura posible.

Os pasos a seguir son sinxelos: unha vez engadido aos seus contactos o número que se facilita, o 650 600 002, propiedade do Concello, xa está listo para poder enviar unha mensaxe vía WhatsApp.

Para deixar de recibir mensaxes, tan só debe borrar o contacto e o chat de conversación. Non se trata dun grupo de Whatsapp nin constantemente realizaranse notificaciones, serán mensaxes que só realizará o Concello. É unha comunicación entre o Concello e o veciño de carácter individualizado.

 

 

Etiquetas