Gran éxito de participación na carreira popular de Castro

O Concello de Castro de Rei acolleu a segunda edición da Carreira Popular, unha proba deportiva que o domingo 13 de xaneiro desenvolveuse con saída na Casa do Concello e meta no núcleo poboacional de Castro Riberas de Lea.

Houbo 209 participantes entre todas as categorías, 22 menores e 21 en promoción, pero este ano o podio tivo caras novas. Anxo Castro, da Asociación Deportiva Cerne, de Melide, conseguiu o primeiro posto na categoría absoluta cun tempo de 49 minutos e 37 segundos, seguido de Nicolás Arrojo Fernández, cun tempo de 49 minutos e 39 segundos. Daniel Pérez, do Lucus Caixa Rural Galega, levou o bronce con 50 minutos e 20 segundos.

Na proba feminina, Marta Valín, do club lucense Verxel, quedou en primeiro posto cun tempo de 1 hora, 1 minuto e 57 segundos. O podio completouse con Ana Abuín e Karina Pasarin, ambas do Verxel (1 hora, 2 minutos e 17 segundos e 1 hora, 4 minutos e 4 segundos, respectivamente).

Nas categorías inferiores, na categoría de máis maiores, sub 18-20, Jhon Zuluaga levouse o primeiro posto (7 minutos e 39 segundos), seguido por Sergio Peteira (a dous segundos) e Anxo Martínez. Na feminina, gañaron Vanesa Branco (8 minutos e 54 segundos) e Eva Freire.

En sub 16 venceu Enma Argibay (8 minutos e 41 segundos) seguida de Brais Veiga e Marcos Rei. Miguel Folgueira completou o podio e Antía Yanire Preciar e Carla Vilar, o feminino.

Aarón López converteuse no vencedor da sub 14, con Antón Villar e Xabier Carpintero. Nahir Guzmán acadou o podio na categoría feminina.

Natalia Argibay, Tiago Tourea e Jana Selene Veiga leváronse as primeiras posicións en sub 12, e na categoría en promoción entre 2010 e 2012, foron líderes Diego Otero, Pablo Rei e Cidre Santamarina. En femenina, Xiana Castro, María Edrosa y Martina Castro.

 

 

 

 

Etiquetas