A exposición Tal como eramos de Guitiriz acolle unha charla explicativa

O venres 18 de xaneiro, ás 18:00 horas, a Casa Habanera acollerá unha charla explicativa das distintas fotografías que compoñen a V Exposición Tal Como Eramos que está aberta nesta localidade dende o 21 de decembro.

A charla estará a cargo de Manuel Castro Santamariña , membro do IESCHA.

A mostra pode visitarse de luns a venres de 11:30 h a 14:00 h . Os xoves abre de 17:00 h a 19:00 e os sábados de 12:00 h a 14:00h.

Esta mostra consta de 120 fotografías en branco e negro e tamaño 30×20, a maioría da segunda metade do S. XX. Mostran a paisaxe guitiricense deses anos e xente da localidade en celebracións, actividades profesionais, eventos deportivos, etc. Hai tamén fotos que teñen como protagonistas a nenos así como intantáneas de grupos, de parellas e individuais. Posteriormente, todas estas fotos, xunto coas da IX exposición de Tal como eramos-Fotos para o recordo-Vilalba, incluiranse no apartado correspondente do Caderno de Estudos Chairegos no 9,

Etiquetas