Rozas acolle a demostración dun helicóptero no tripulado para a loita contra incendios

O aeródromo de Rozas acolleu a demostración do helicóptero non tripulado Lua e do sistema contra incendios Einforex, impulsados por Babcock, os últimos avances do polo aeroespacial de Galicia no deseño de solucións innovadoras que dan resposta ás necesidades reais no eido da prevención de incendios.

Os avances no sistema Einforex FF (FireFighting) desenvolvidos por Babcock coa participación das empresas Soldatec, Itmati, Coremain, Cinfo, Veoline e Pildo, van abrir un mundo de posibilidades á información de emerxencias. Así, probouse o helicóptero non tripulado Lua, xunto con varios compoñentes que o converten no único sistema capaz de capturar e procesar en tempo real información dixital de vídeos e imaxes tanto no espectro visible como infrarroxo.

Este proxecto resume o espírito do polo aeroespacial ao consolidar a alianza cunha empresa tractora como Babcock, involucrar a empresas locais para chegar a mercados internacionais e mellorar a súa competitividade e por obter produtos e solucións realizadas en Galicia pero con aplicación global como neste caso cos incendios forestais.

O polo aeroespacial de Galicia púxose en marcha en 2015 e, desde entón, leva mobilizado 50 millónes de euros dos 165 previstos coas actuación que están en marcha e programadas, mentres que o programa de I+D promove, ata o de agora, 20 proxectos nos que traballan 262 persoas. Aínda así, os proxectos destinaran novos investimentos para 2019 por valor de 18,1 millóns de euros para seguir avanzando e consolidando este proxecto, a través de iniciativas como o parque industrial, a aceleradora aeronáutica ou o novo espazo formativo de Rozas.

Etiquetas