Baamonde considera xenéricas e de falta de rigor as medidas de Vilalba Aberta contra o despoboamento

O alcalde Vilalba fixo unha reflexión sobre as sete medidas contra o despoboamento propostas por Vilalba Aberta e que leverán ao próximo pleno. Baamonde crita “a falta de rigor e seriedade á hora de enfrontarse a un ploblema que é común a todos os municipios, non só ao de Vilalba, e que está presente tamén en todos os países desenvolvidos”.

O alcalde indicou que as solucións propostas “son xenéricas” e que “o despoboamento é un problema que hai que tratar de forma conxunta por un país e con medidas que se escapan das posibilidades dun goberno municipal.

Baamonde indicou que en Vilalba morre máis xente da que nace e a inmigración, “que é o fenómeno que nos peremite crecer”, está en descenso dende que comezou a crise económica.

Acusa a Vilalba Aberta e facer unha cousas e dicir o contrario xa que as mareas están a gobernar en Ferrol e Santiago, con mesmos problemas de despoboamento, “e non se ve que estén cambiando nada”.

Etiquetas