Skip to main content
ActualidadeMuras

Muras será a sede da IV Reunión da Rede Galega Agroforestal

Por 18 Xaneiro, 2019Sin comentarios

O local social do Concello de Muras acollerá o vindeiro mércores 23 de xaneiro, de 9 da mañá a 6 da tarde, unha xuntanza que reunirá expertos e representantes do MAPAMA, Medio Rural, AGACA, a USC e Asoporcel.

A xuntanza comezará ás 9 da mañá coa recepción e entrega da documentación, para despois comezar as charlas. Os primeiros en falar serán os representantes de MAPAMA e Medio Rural, despois intervirán os grupos operativos sobre sistemas agroforestais, ao rematar será tempo dunha pausa.

Tamén haberá mesa de traballo, charlas e relatorios que rematarán á tarde cunha visita de campo e a presentación do Proxecto Life in Common Land. Traballarase na elaboración de documentos e solucións de problemas do rural a nivel galego, estatal e europeo. Das reunións saen informes remitidos a Europa para ser avaliados en comisións.

A cita non ten caracter de participación pública (non se pode participar das actividades, pois xa están programadas) pero calquera interesado ou interesada pode ir de oínte chamando ao número 677 109307.

AFINET é unha rede temática europea con 13 socios, España entre eles, que promove a mellora agroforestal compartindo o coñecemento de gandeiros, agricultores, investigadores, asesores e investigadores.  O Concello de Muras ten sorte de ser a sede desta cuarta cita xa que sempre intentase darlle cabida a estes encontros para que potencien o sector primario e o medio rural.