Meira acollerá unha nova edición dos cursos de baile de salón

O Concello de Meira celebrará unha nova quenda de cursos de baile para os meses de febreiro, marzo e abril debido á gran acollida que tiveron os cursos nos meses de verán e inverno.

As clases darán comezo o xoves 7 de febreiro e terán lugar todos os xovesde febreiro, marzo e abril na Casa da Cultura.  Celebraranse entre as 22:00 e as 23:30 horas e terán un custe de 50 euros ao mes por parella.

As inscricións poden facerse na Oficina de Turismo de Meira ou no teléfono 618 679 632.

Etiquetas