Pablo Núñez González, gañador do certame xornalístico do Belén de Begonte

O xurado calificador dos traballos presentados ao XLIII Certame Xornalístico Begonte e o Nadal acordou conceder  o primeiro premio, dotado con 600 euros e estatuíña de Sargadelos, para o traballo titulado Mensaxes para a estrela da Chaira, publicado en Galicia Digital por Pablo Núñez González. O segundo premio, dotado con 300 euros e estatuíña de Sargadelos foir para o traballo titulado Camino a la fe, publicado en Galicia Digital por Begontina, seudónimo de Beatriz Valcácer Gómez.

Os premios serán entregados o próximo sábado, 26 de xaneiro, no decurso dos actos de clausura do Nadal de Begonte.

O xurado estivo formado por José Ulla Rocha, alcalde de Begonte; Jesús Domínguez Guizán, presidente do Centro Cultural convocante; Blanca Pacín Somoza, bibliotecaria; Xulio Xiz Ramil, xornalista, e José Rodríguez Gómez, secretario do Centro Cultural José Domínguez Guizán.

Etiquetas