Muras acolle un taller de fotografía nocturna este sábado

O sábado 26 de xaneiro a Asociación de Fotografía Ferrolterra realizará un taller de fotografía  noctucna de estrelas, que terá como obxectivo formar sobre cómo sacar estas fermosas imaxes. O obradoiro estará impartido por Mikel Díaz e Marcos López e conta coa colaboración do Concello de Muras, que está en trámites de solicitar o selo Starlight.

A localización exacta para quedar confirmarase por Whastsapp ou Facebook, a hora será ás 20:00 para comezar a clase teórica. Unha vez rematada, ás 22.00, haberá cea nun restaurante dos arredores tamén por concretar. De 23:00 a 2:00 da madrugada seguiranse as prácticas, cunha parada para o café, e despois ata as 4 para poñer en marcha o aprendido.

O prezo do obradoiro é de 16 euros (os socios de Ferrolterra Fotografía un 50% menos) e hai 30 prazas. Os cartos serán para os fondos da asociación. Para reservar: no 698 165665.

Para aprender a sacar estas fotos, daranse conceptos básicos do planeta, así como nocións do que hai que preparar para saír da casa, as condicións que se necesitan para sacar unhas boas fotos, como preparar a cámara e elementos a ter en conta.

Etiquetas