Pastoriza realizará en febreiro talleres de memoria e tempo libre en tres parroquias

O Concello da Pastoriza porá en marcha no mes de febreiro unha serie de talleres dirixidos aos maiores que se desenvolverán tanto na vila principal como nas parroquias.

O primeiro dos obradoiros leva o título de Memoria, Ocio e Tempo LIbre, que se desenvolverá en San Cosme de piñeiro. Este curos será todos os luns entre as 16.00 e as 17.30 horas en Escola de San Cosme. As clases darán comezo o 4 de febreiro.

Ademais, os martes, haberá taller de memoria na propia Pastoriza, concretamente na Casa da Música, que terá un horario de 15.45 a 17.15 horas. As clases darán comezo o 5 de breriro.

Finalmente, os mércores haberá curso de ocio e tempo libre en Bretoña a partir do día 6 de febreiro e será no teleclub local. O horario das clases será de 15.45 a 17.15 horas.

A tenente de alcade Elva Carrera González lembra que o prazo para inscribirse remata esta semana.

Etiquetas