Skip to main content
A PastorizaActualidade

Inaugurado en Reigosa o novo parque infantil

Por 30 Xaneiro, 2019Sin comentarios

Aproveitando a celebración da Feira da Reigosa, inaugurouse o sábado 26, nesta localidade da Pastoriza, un novo parque infantil realizado no campo da feira.

Esta obra, que contou cun orzamento de 35.000 euros, foi financiada con cartos do Plan Único da Deputación provincial. Segundo indica o alcalde, Primitivo Iglesias, “localidades como Pastoriza e Bretoña tiñan este tipo de infraestrutura e nos faltaba Reigosa por conseguila”.

Foron os propios veciños a través da súa asociación os que fixeron chegar ao concello a demanda de contruír un parque infantil nesta zona. Esto foi debido a que nos último tempos aumentou a poboación infanil e agora son máis de 20 os rapaces que residen na zona.

Iglesias reclacou que “esta obra é unha acción máis para levar todos os servizos as parroquias”.

O parque conta cunha importante zona definida para tal fin e integrada na controan. Ademais de contar con moitos xogos totalmente homologados e aptos para disintas idades.

A inauguración tivo lugar ás 12.00 horas no marco da celebración desta feira mensual que conta cos tradicionais postos de calzado, roupa, artesanía, comida, ademais de polbo e churrasco. Ademais, para esta ocasión fixéronse actividades de animación, coreografías, globoanimación, xogos e moutras outras actividades para os pequenos.