Skip to main content
ActualidadeBegonteCospeitoVilalbaXermade

A Deputación traballa para reabrir o tráfico en varias estradas da Chaira

Por 1 Febreiro, 2019Sin comentarios

O Goberno da Deputación mantén activado o dispositivo de inverno para facer fronte ás acumulacións de neve e xeo, rexistradas esta madrugada na rede viaria provincial. As intensas choivas que tiveron lugar nas últimas horas tamén provocaron o peche de varias estradas por acumulacións de auga e desprendementos. De feito, estase a traballar para reabrir ao tráfico en varias estradas cortadas por acumulacións de auga:

  • Begonte: LU-P-0802, “de Begonte a Santalla”.
  • Cospeito: LU-P-1112, “de Muimenta a Pacios”; e LU-P-1701, “de Feira do Monte a Muimenta”.
  • Vilalba: LU-P-6513, “de Vilalba a Camposo de Foxo de Penamaior e rampa a Xermade”.
  • Xermade: LU-P-2207, “da Raiola, por Ponte Corbal, a Buriz”.

12 silos de sal

O organismo provincial conta con 35 toneladas de sal para os 12 silos, que se atopan en Cervantes, Folgoso do Courel, Becerreá, A Fonsagrada, Ribas do Sil, Navia de Suarna, Riotorto, O Incio, Ourol, O Valadouro, Pedrafita do Cebreiro e Lugo. Como vén ocorrendo nos últimos anos, a Deputación subministra aos concellos sal, de xeito totalmente gratuíto, para a súa aplicación nas estrada municipais.

O Goberno da Deputación manterá o dispositivo de inverno activado durante toda a fin de semana pois a previsión é que continúe nevando nos vindeiros días. A este continxente uniranse tamén se fose preciso os medios dispoñibles do Parque Móbil para garantir a seguridade da rede viaria provincial.

INCIDENCIAS NOS COLEXIOS

Un total de 27 centros de ensino da provincia víronse afectados pola neve durante a mañá deste venres e en 17 deles foron suspendidas as clases destacando na Chaira como o único que tomou esta medida o Santo Estevo de Parga, no que 49 alumnos víronse afectados polas inclemencias do tempo.

Tamén se rexistraron incidencias noutros centros da zona centro com Begonte, con 28 alumnos afectados, e o IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz, con 124 afectados.