Skip to main content
ActualidadeRábade TERRACHÁXA

Concertos ao Natural continúa o día 3 na Casas das Insuas con Músicas de Guerra

Por 1 Febreiro, 2019Sin comentarios

Na tarde do do domingo 3 de febreiro ás 18:30 horas, a Casa das Insuas de Rábade, a Asociación Galega de Custodia do Territorio convoca un novo concerto da programa Concertos ao Natural, un proxecto cidadán que xunta música, natureza e cultura no rural

Con esta iniciativa, preténdese abrir un espazo á creación e poder establecer un circuíto moi singular, para gozar -a poucos centímetros- de proxectos acústicos de músicos de primeiro nivel. Búscase tamén aprender e gozar de culturas doutros lugares e ofrecer cultura e natureza de calidade no rural.

Nesta ocasión, a actuación estará a cargo de Brigada Bravo & Díaz con Músicas en guerra. Germán Díaz encargarase da zanfona e instrumentos mecánicos e Antonio Bravo das guitarras.

O dúo Brigada Bravo&Díaz, formado polo  zanfonista  Germán Díaz e o guitarrista Antonio Bravo, cumpre xa unha década de colaboración intensa, froito da cal editaron dous traballos discográficos:

  • “Músicas populares de la guerra civil española”, inspirado no  cancionero de Luís Díaz Viana “Canciones populares de la guerra civil”-este traballo foi seleccionado entre os mellores discos do ano por revístaa Cadernos do Jazz e entre os  top 10 pola revista xaponesa Jazz Tokio-
  • E “Músicas populares de la Gran Guerra”, baseado nun fondo de dixitalización de cilindros de cera, cedido pola Universidade de  California.

O dúo decántase por especializarse en músicas compostas durante conflitos bélicos, atraídos polos incribles fondos  fonográficos que se conservan e pola proxección emocional das músicas compostas en tan duras circunstancias.

Agora presenta o seu novo espectáculo Músicas en Guerra, onde nos ofrecen un repertorio composto por músicas da Guerra Civil española, e da Primeira e Segunda Guerra Mundial. Un directo palpitante onde, ademais de escoitar a guitarra e a  zanfona, o público poderá gozar de instrumentos mecánicos de máis dun século de antigüidade como a  rollmónica cromática, a caixa de música  programable ou  fonógrafos,  combinados cos  loops en directo e novas tecnoloxías.

Os concertos fináncianse coa colaboración do público. Aportación recomendada: 10 euros (nenos gratis).

Imprescindible reservar praza: casadasinsuas@gmail.com