Paco Nogueiras estará na Casa da Cultura de Muimenta o sábado

Paco Nogueiras estará este sábado, 2 de febreiro, ás 18 horas, na Casa da Cultura de Muimenta, co seu traballo musical Radio Bulebule.

O medio radiofónico é o inspirador deste espectáculo recollido tamén nun libro-CD composto de doce cancións en que a modo de programación dunha peculiar emisora non faltan a sintonía de entrada, a axenda cultural, o faladoiro, o magazine de variedades, a música, as noticias, o deporte, a previsión metereolóxica…

Paco Nogueiras convidará ás persoas que se acheguen a participar e a vivir en directo dunha radio itinerante, ambulante e cantante, chea de colorido e expresividade, e con composicións e melodías de ritmos modernos, pegadizos e bailábeis.

O espectáculo está recomendado para nenas e nenos entre os 5 e os 11 anos e as súas familias e as persoas interesadas en asistir poden reservar a entrada a través da páxina de facebook da Anpa A Granda.

A entrada será gratuíta para os socios mentres que os mariores de dous anos deberán abonar tres euros.

Etiquetas