Xabier Quiroga participa no Club de Lectura da Casa Museo de Manuel María

Este sábado, día 2, ás 18,30 hrs, o Clube de Lectura da Casa-Museo Manuel María retoma a súa actividade coa presenza de Xabier Quiroga. As súas últimas obras, Izan o da saca (2015) e Zapatillas rotas (2014, Premio da Crítica), serán obxecto de análise por parte das participantes desta actividade.

O Clube de Lectura da Casa-Museo Manuel María iniciou a súa andaina hai case un ano e desde entón A arte de trobar de Santiago Lopo; Os nenos da variola de María Solar; Instrucións para tomar café de Manuel Núñez Singala; A nena do abrigo de astracán de Xabier P. Docampo; Confusión e morte de María Balteira de Marica Campo e Ardalén de Miguelanxo Prado foron analizadas e comentadas nas diferentes sesións que celebraron

Etiquetas