Meira acolleu o X aberto do Lacón de billarda

O domingo, xogouse en Meira a 8° xornada da liga norleste de billarda. O X aberto do Lacón de Meira e II memorial Xosé da Flor, organizado pola asociación M de Meira e o equipo de billarda Polka Miseria, deixou como vencedor a un dos máis laureados da liga, que este ano estaba un pouco lonxe dos postos de cabeza, Markitos, de Ribadeo. Segundo foi Manolo da Pontenova e terceiro Charli da Ponte de Outeiro.

Por equipos, os  Carabullo da Oonte de Outeiro é ós Billardeiros de Ribadeo empataron a puntos, mais no desempate foron estes últimos os que se levaron a xornada.

Etiquetas