Detidas 3 persoas en Guitiriz como autores du roubo no interior dunha instalación termal

A Garda Civil detivo en Guitiriz  ás 04.30 horas a tres veciños de Ourense, de 18, 20 e 23 anos de idade como supostos autores dun delito de roubo con forza nas cousas no interior dunha instalacións termais.

Os feitos tiveron lugar esta pasada madrugada cando unha patrulla identifica unha furgoneta estacionada á beira da aramado que rodea ao recinto do establecemento, a cal atópase cortada, e observan no interior do vehículo diverso material supostamente substraído.

Os axentes identifican ao condutor e ocupantes do vehículo en cuxo interior transportan 26 rulos de cable de cobre, 16 altofalantes de fío de cobre, 10 kg de diverso cableado, 13 kits de aseo persoal, 10 toallas de baño e 89 zapatillas.

Etiquetas