Skip to main content
ActualidadeVilalba

O Vilalbés anunciou a creación do seu propio equipo Genuine

Por 7 Febreiro, 2019Sin comentarios

O presidente do Rácing Club Vilalbés, Francisco Ruiz, e representantes de Lactalis, xunto con usuarios do Centro Ocupacional Vilalba-Terra Chá, anunciaron que o club chairego creará o seu propio equipo Genuine.

Con esta iniciativa que xa se desenvolveu en máis de treinta clubs da liga de fútbol profesional española, trátase de integrar socialmente as persoas con discapacidade intelectual. É un torneo de equipos compostos por mozos e mozas maiores de 16 anos e cun grado de discapacidade intelectual superior ao 33%. Os partidos, de Fútbol 8, divídense en catro tempos de dez minutos.

O Vilalbés será o primeiro club non profesional que se adhire a esta iniciativa. Ademais, axudan na labor social da institución cun colectivo que necesita apoio para a súa integración.

Ruiz indicou que despois da creación do equipo, programaranse os adestramentos, que serán supervisados e dirixidos polos propios técnicos do club, co obxectivo de que poidan participar na Liga Genuine.

Ademais, o plantel poderá estar conformado por homes e mulleres, é dicir, será un equipo mixto. Tamén esperan que co tempo poidan sumar máis nenos da zona a maiores dos usuarios do centro ocupacional.

Polo momento non saben onde se desenvolveran os adestramentos, aínda que o que si anunciaron é que haberá un partido de presentación contra o Genuine Real Club
Deportivo da Coruña, nunha data aínda por determinar.