Gran actuación do Club Atletismo Friol na Rúa

Excepcional actuación das atletas sub 18 de Club Atletismo Friol, xa que se proclamaban na localidade ourensena de A Rúa campioas galegas por equipos. O equipo de Friol estaba formado por Noelia Sánchez, Nerea Lage, Lucía Varela e Vanesa Blanco e conquerían a medalla de ouro por diante da Escola Atlética Lucense e da Sociedade Gimnástica de Pontevedra, que lograban a medalla de prata e bronce respectivamente. Esta victoria outorga ao club de Friol o pase directo ao Campionato de España de clubs, que se disputará a finais de febreiro en Linares (Jaén).

A nivel individual, Noelia Sánchez facíase co cuarto posto, conseguindo o pase directo ao Campionato de España por Federacións, que se disputará en Sevilla, mentras que Nerea Lage se facía co sexto posto e Lucía Varela, co oitavo. Por último, Vanesa Blanco entraba no posto trixésimo.

Etiquetas