A Moexmu presenta os seus carteis anunciadores

A Comisión organizadora da Moexmu e do Concurso de Gando de Muimenta xa ten preparados os carteis anunciadores deste edición, que se celebrará do 5 ao 7 de abril. Ambos os dous foron deseñados pola veciña de Muimenta, Paula Francos Anllo. Nas dúas últimas edicións, deseñara xa os carteis da Moexmu e do Concurso, e este último xa o levara a cabo na edición do 2016.

Ambos carteis manteñen a mesma liña comunicativa basada nas cores da vaca (branco, negro e rosa). Este ano pensando no futuro da Moexmu, decántandose por un deseño máis moderno que se pode evidenciar tanto na técnica, na tipografía, coma no uso de xoguetes, reinvindicando así futuro para a feira mailo concurso.

A autora, amosa, no cartel as mans dun avó (ou dun bisavó) mailo seu neto (ou bisneto) son o soporte da pirámide composta polos elementos imprescindibles que podemos ver na Moexmu. É dicir, o pasado, reflectido nas mans da persoa maior, mailo futuro, reflectido nas mans do neno, fan de base da estrutura, é dicir, son o presente da Moexmu, a alma da feira. Destacase a contorna da zoca como homenaxe a que Muimenta vai poner en marcha o museo da zoca para que este oficio tradicional continúe nun futuro (pono en marcha os compañeiros da Asociación dos Xogos Tradicionais de Muimenta – Xotramu).

Mentras tanto, no cartel do Concurso, Exposición e Poxa de Gando, Paula Francos Anllo volve reinvindicar o futuro. A coroa representa a importancia da vaca gañadora e o rabo, con forma de corazón, é un guiño a que o bo trato aos animais faranos merecedores dos mellores premios.

Por outra banda, continúa aberto o prazo de inscripción para a reserva de stands e parcelas a ubicar no Recinto Feiral “Manuel Vila López”.

Etiquetas