Os socialistas de Cospeito reparten entre os veciños unha revista informativa

Os socialistas de Cospeito veñen de publicar unha revista cunha tirada de 2500 exemplares, na que falan da realidade do Concello, das “falsedades” do actual goberno municipal e ao mesmo tempo dos proxectos de futuro que lles gustaría facer se saen elexidos nos próximos comicios.

Están a repartir está revista porta a porta para que todos os veciños coñezan de primeira mán as necesidades e carencias do Concello e podan ao mesmo tempo formular as preguntas e inquedanzas que teñan.

 

 

Etiquetas