Abre o prazo para participar na XXV Feira do Queixo de San Simón

Con motivo da celebración XXV Festa do Queixo de San Simón da Costa, o 6 e 7 de abril, ábrese o prazo de inscrición para todos aqueles que queiran participar na colocación dun stand na feira.

Os interesados poderán inscribirse cubrindo as fichas de inscrición deseñadas segundo o tipo de posto a instalar.

A data límite para anotarse será o 17 de marzo de 2019. Ante calquera dúbida que poida xurdir poden poñerse en contacto no teléfono 982 510 305, ou no 639 94 63 07 Concelleira de Feiras.

Etiquetas