Abadín organiza para o día 3 de marzo o seu popular Entroido

O Concello de Abadín organiza para o día 3 de marzo o seu popular Entroido onde nenos e maiores poderán gozar a partir das 17.30 horas co tradicional desfile de disfraces que se levará a cabo no polideportivo da localidade, á beira do centro médico.

O desfile estará dotado con grandes premios en metálico nas seguintes categorías: charangas, grupos e comparsas, parellas, individuais e comparsas mixtas, en todas as categorías, agás charangas, haberá premios tanto para adultos como para infantís.

A mellor charanga será premiada con 300 euros. E o resto dos grupos, comparsas, parellas e individuas recibirán cada un tres premios dunha cantidade que oscilará entre 50 e 300 euros. Así mesmo, haberá premios para os disfraces locais en cada categoría.

A xornada finalizará cunha gran chocolatada con churros para todos os asistentes.

As inscripcións para participar no desfile deberanse realizar antes do 1 de marzo ás 20.00 horas nos teléfonos 626 728 088 e 605 349 137.

Etiquetas