Skip to main content
Actualidade

O Entroido de Val de Francos será o 5 de marzo

Por 18 Febreiro, 2019Sin comentarios

Un ano máis haberá Entroido tamén na parroquia de Val de Francos, que se celebrará o 5 de marzo. A festa dará comezo ás 16.30 horas coa actuación de grupo de gaitas Os Valuros, antes do acto oficial de sermón sentencia e queima do entroido. A continuación, terá lugar o sorteo de cestas para dar inicio, ás 18.00 horas, ao baile, que estará a cargo da orquestra Triunfo.

A organización lembra que o campo da festa estará cuberto cunha carpa para as posibles inclemencias do tempo.