Skip to main content
ActualidadeVilalba

17 locais de hostalería de Vilalba participan nas Xornadas Gastronómicas do Porco Celta

Por 20 Febreiro, 2019Sin comentarios

Un total de 17 locais de hostalería de Vilalba acollerán desde mañá, 21 de febreiro, as Xornadas Gastronómicas do Porco Celta, que se desenvolverán ata o domingo 24.

Esta cita coa gastronomía está organizada a través da Asociación de Empresarios Sete Pontes de Vilalba, en colaboración con Asoporcel.

As xornadas consistirán en degustacións durante estes días en horario de 13.00 a 15.00 horas e de 20.00 a 23.00 horas cunha gran variedade de propostas gastronómicas, tanto tradicionais como innovadoras.

As tapas serviranse todas a un prezo de 2,5 euros e tamén incluirase o porco celta en menús e racións.

Participan nesta iniciativa A Taberna, A Taberna de Míchel, Puro Teatro, Alborada, Cristal, Centro, Pafe, Oasis, Centro Cultural Recreativo, Lembranzas, Stama, Xoldra, Attica 21, La Casa del Lobo, Mesón do Campo, Parador de Vilalba e A Lareira.