Detido en Rábade acusado de estafa

A Garda Civil detivo na localidade lucense de Rábade a un veciño de Monforte de Lemos de 35 anos de idade acusado dun suposto delito de estafa.

O presunto autor, que se facía pasar por un xestor autorizado de residuos, acordou no mes de decembro do pasado ano a recolleita e compra de 3.600 quilogramos de chatarra metálica a unha empresa situada en Outeiro de Rei e, unha vez no seu poder, non abonou o seu custo estimado en 800 euros e non entregou certificado de recolleita de residuos.

A persoa investigada foi posta a disposición xudicial.

Etiquetas