Santiago García Souto será o xuíz da Moexmu 2019

Santiago García Souto, será o xuiz encargado desta edición da Moexmu, según confirmou Conafe e Africor Lugo. É propietario da gandería Finca La Asunción en Quión – Touro (A Coruña) e será a primera vez que xulga no Concurso de gando da Moexmu.

Este respectado gandeiro coruñés ten acadado, coa súa granxa, importantes premios en concurso de carácter autonómico e nacional, como os títulos de Gran Campiona a nivel galego, nas categorías de vacas e novillas nos anos 1990, 1996, 1997 e 1998; ademáis de mellor rebaño e mellor criador na Semana Verde de Galicia no ano 1998 e Novilla Gran Campiona nos concursos nacionais nas edicións celebradas no 1996 e 1998.

García Souto é Xuiz Nacional de Conafe dende 1995 e membro do Comité de Xuices da Confederación de Asociaciones de Frisonas Española, e ten participado en varias reunión a nivel europeo para a armonización de xuices. No ano 2000 formou parte, como representante de España, a nivel internacional doa xuíces encargados do xulgamento dos lotes por países da Confrontación Europea que se celebrou en Bruselas.

A nivel nacional, destaca a súa participación como xuíz no Concurso Nacional de Primavera no ano 2000 e no Concurso Nacional de Outono CONAFE 2007, ademáis dos rexionais de Asturias, Cataluña, Andalucía, Castela e León e Galicia. Ten sido director técnico das Escolas de Xuíces celebrados en Cádiz, Pozoblanco (Córdoba), Asturias, Cantabria e Menorca, así como en varias celebradas en Galicia.

Tamén ten experiencia internacional, xa que ten acudido a Portugal, Francia, Italia e os Países Baixos.

Por outra banda, continúa aberto o prazo de inscripción para a reserva de stand e parcelas a ubicar no Recinto Feiral Manuel Vila López.

Etiquetas