Skip to main content
ActualidadeVilalba

Vilalba continuará coa programación sobre transplantes de órganos

Por 20 Febreiro, 2019Sin comentarios

O  Salon de Actos da Casa da Cultura vilalbesa acolleu unha charla sobre a Doazón e Trasplantes de órganos, organizada pola Asociación de Exhalcohólicos Axúdate e o Concello de Vilalba coa participación da Asociación Galega de Trasplantes Airiños.

O acto foi inagurado polo alcalde Agustín Baamonde que fixo un alegato a necesidade de Concienciar a sociedade sobre a doazón de órganos.

As intervencións principais correron a cargo de Carmen Alfonsín, supervisora e coordinadora da planta de enfermos e trasplantados do CHUAC, que puxo de manifesto a importancia do servicio de enfermería tanto antes como despois do trasplante.

Abelardo Sanchez Sanjurjo, presidente da Asociación Galega de Trasplantes Airiños, na súa intervención centrouse na necesidade da doazón para poder salvar vidas despois da morte. Fixo mención aos grandes avances experimentados en Galicia gracias a actos como estos, no que se pode trasladar á sociedade a mensaxe para crear conciencia social a favor da doazón. Un só doante pode salvar ata sete vidas cos seus distintos órganos tras o falecemento. En Galicia estabamos fai dous anos preto do 30% de negativas familiares dos posibles doantes. “O dato deste último ano resulta alentador xa que chegamos a un porcentaxe de negativas de tan só o 16%, polo que temos que estar moi orgullosos do cambio de mentalidade da sociedade galega”, explicou na charla.

Dende Axúdarte dan as gracias tanto a Airiñons como o Concello de Vilalba pola colaboración en actos tan interesantes como este. Así mesmo, organizarán no mes de maio unhas xornadas sobre transplantes aínda que as datas están sen concretar.