Os veciños de Órrea debatirán sobre despobomento nunha xornada este sábado

A asociación de veciños e veciñas de Santa Comba da Órrea celebrará este sábado, 23 de febreiro, unha xornada co título Por que quedamos tan poucos? A emigración e o despoboamento da Órrea e na comarca.

A ponencia estará a cargo da profesora da Universidade de Santiago e doutora en Historia Comtemporánea Alba Díaz Geada, que é veciña de Alfoz e especialista en medio rural. O acto estará presentado por Rosa Veiga, Rosa da Aldea.

A cita será a partir das 17.00 horas no local parroquial e é aberto a toda a poboación. Ademais, haberá petiscos de confraternidade para todos os asistentes.

Etiquetas