Os Cabaleiros de Labrada celebran a súa cea anual o sábado

A asociación de Cabaleira de Labrada, en Abadín, celebrará este sábado 23 a súa cea baile anual coincidindo co entroido.

A cea terá lugar ás 21.30 horas no campo do San Antonio, en Labrada. O menú consistirá en sopa e cocido e cocido completo con postre, que terá un prezo de 20 euros.

Haberá sorteo de agasallos e o baile estará amenizado polo Dúo Estrellas.

Etiquetas