Outeiro convoca un novo concurso de disfraces de entroido para o día 3

Un ano máis, con motivo do Entroido 2019, o Concello de Outeiro de Rei organiza a  XXI edición do tradicional concurso de disfraces, que terá lugar o día 3 de marzo (domingo de entroido) a partir das 17:00 h na praza da Vila, baixo carpa cuberta e amenizado polo grupo D´NIKA .

Xa están á disposición de todas as  persoas interesadas  as bases do concurso así como as follas de inscrición e información do mesmo; o prazo para anotarse permanecerá aberto do 20 de febreiro ao 1 de marzo na Casa da Cultura de 10:00 h a 14:30 h ou ben o mesmo día do concurso en horario  de 17:00 h a 18:00 h.

A contía dos premios ascende a 2.040 euros con distinción para comparsas, parellas, individual e infantil con cuantías que oscilan entre os 400 e os 100 euros. Ademais, haberá premio especial para a comparasa de Outeiro de Rei e premios destacados do xurado.

Os interesados en informarse poden facelo a través do teléfono 982 393 408.

Etiquetas