Skip to main content
Actualidade

As Pontes adxudica a mellora de viarios en Goente e Somede

Por 25 Febreiro, 2019Sin comentarios

O Concello das Pontes adxudicou á empresa Excavaciones Saavedra y López, a obra de reparación da capa da rodadura dos camiños de Caivancas, Reboredos e Morixoso, na parroquia de Goente e no viario que conduce cara ó encoro da Ribeira, na parroquia de Somede.

As actuacións, cun orzamento de 74.853,96 euros con cargo ó Pos Adicional 2018 da Deputación da Coruña, están encamiñadas a dotar ós camiños rurais dunha maior calidade, estrutural e superficial, facendo que sexan máis accesibles, cómodos e seguros, tanto para o tráfico rodado como para os viandantes.

O proxecto, contempla, previo ó inicio das obras, a limpeza das cunetas para o correcto drenaxe do firme e o aporte de grava e tratamento asfáltico naquelas zonas nas que existan fochancas para proceder, a continuación, á renovación da capa de rodadura con pavimento bituminoso.

Así mesmo, as actuacións tamén permitirán a renovación da sinalización horizontal co pintado das liñas nos bordes do viario e das sinais precisas, segundo marco o código de circulación vixente.

Estas obras forman parte do plan de traballo deseñado polo goberno local para as parroquias do rural pontés, destinado a mellorar a rede de estradas e camiños, a continuar coa incorporación de novos servizos públicos así como a renovar os equipamentos, seguindo co seu compromiso para mellorar as infraestruturas do ámbito rural e favorecer a calidade de vida de toda a veciñanza.