Tecnorenova e Carpers foron os grandes dintinguidos na Gala dos Empresarios de Vilalba

As empresas vilalbesas Tecnorenova e Carpers foron as grandes premiadas na I Gala de Empresarios que se celebrou en Vilalba organizada pola Asociación de Empresarios Sete Pontes.

Así, Alberto Román, xerente de Tecnorenova, adicada ao sector eólico, foi distinguido como Mellor empresario do ano polo seu traballo ao longo destes 22 anos inmerso na construción, mantemento e reparación de parques eólicos. A empresa factura 25 millóns de euros anuais e contan con 150 traballadores.

Pola súa banda, Marta Seoane leveouse a distinción de Emprendedora do Ano polo proxecto Carpers, que naceu o ano pasado para a fabricación de xinebra rosa, un producto que conta cunha produción inicial de 15.00o unidades.

Ademais dos dous premiados déronse cinco mencións de honra para outras tantas firmas vilalbesas. Mariví Sanjurjo, de Sanjurjo Moda, recibiu a mención ao empresario no sector servizos; Ernesto Prieto foi considerado o mellor empresario vilalbés no exterior para súa empresa HUSO 29 Renovables, situada nas Somozas tamén vinculado ao sector eólico.

O terceiro premio foi para a queixeiría Entrepinares, pola súa responsabilidade social e empresarial. Nesta empresa o 49% dos traballadores son mulleres. Tamén houbo premio para Lactalis polo seu caracter internaciolizador. Finalmente, Severiano levouse a mención ao empresario da comarca.

Etiquetas